Amnistía Internacional-Ourense [logo] polos dereitos humanos en todo o mundo
Índice AI: AMR 51/184/2005
 Non á tortura!  pechemos Guantánamo!

Escribe ao Fiscal Xeral dos Estados Unidos e ao Primeiro Ministro do Canadá, sobre o caso de Omar Khadr...

Actúa con Amnistía!

 Omar Khadr
Omar Khadr

Quen son os detidos de Guantánamo?

Caso 14: Omar Khadr, cidadán canadense
Idade: 22 anos


Omar Khadr foi posto baixo custodia estadounidense cando tiña 15 anos. Sábese que hai polo menos catro detidos que permanecen actualmente na baía de Guantánamo que tiñan menos de 18 anos cando foron apresados.

Omar Khadr foi ferido por soldados de EE.UU nunha batalla en Afganistán, e posto baixo custodia estadounidense en xullo de 2002. Durante a sú captura recibiu tres disparos e quedou case cego dun ollo a consecuencia das feridas. As forzas armadas estadounidenses afirman que durante a operación Omar matou un soldado norteamericano, o sarxento Christopher J. Speer.

Malia que Omar Khadr estaba gravemente ferido, o seu interrogatorio comezou así que o puxeron baixo custodia. El afirma que durante os interrogatorios lle foron denegados medicamentos para as feridas, e que lle taparon a cabeza cunha bolsa e tivo que parmanecer durante horas atado por riba do lintel dunha porta.

Omar Khadr foi trasladado á baía de Guantánamo en outubro de 2002. Afirma que, logo de chegar, foi sometido a tortura e malos tratos; por exemplo, púñanlle grillóns nas mans e os pés con cadeas curtas que suxeitaban a unha argola no chan e deixábano de cinco a seis horas.

En novembro de 2004, os avogados de Omar Khadr fixéronlle chegar varias probas psicolóxicas. O Dr. Eric W. Trupin, experto en saúde mental de menores de idade recluídos en centros penintenciarios, avaliou as probas e afirmou que os seus síntomas «concordaban cos que presentan as vítimas de tortura».

O goberno de EE.UU afirma que Omar Khadr é un «combatente de Al Qaeda» e clasificouno como «combatente inimigo». Malia iso, negouse a impurtalle ningún delito común recoñecible e a sometelo a un xuízo completo e coas debidas garantías. Pola contra, o Departamento de Defensa de EE.UU anunciou que Omar Khadr será xulgado por unha comisión militar. As comisións militares teñen deficiencias fundamentais e non poden proporcionar xuízos xustos con arranxo ás normas recoñecidas internacionalmente.



     Ligazóns relacionadas con Guantánamo:
     Un escándalo para os dereitos humanos | Tortura e terror | Xustiza para os detidos!



http://ourense.es.amnesty.org   
© Grupo local de Ourense-Amnistía Internacional   
Apartado de correos 490 - 32080 Ourense   
   gro.ytsenma.se@esneruo